Actividade 27: Os riscos asociados cas características xeolóxicas do subsolo.
1. A imaxe anterior representa a composición litolóxica da península. Que subzonas litolóxicas a forman? Como é a natureza das rochas predominantes en cada zona? Que risco se poden derivar en cada caso?
España silícea:
Predominan rochas antigas (como o cuarzo, a pizarra e o granito ), de gran dureza. No dominio silíceo as formas de modelado dominantes son as que resultan da alteración pola acción do auga, o xeo e o desxeo, que actúan a través das diaclasas. O auga fíltrase a través destas fisuras que se van ensanchando ata chegar a provocar o desprendemento de bloques individualizados (gelifracción).
España caliza (calcáreo)
Compónse maioritariamente de rochas de composición calcárea (formada por fragmentos de outras rochas).
España arcillosa
Constituida por materiais sedimentarios pouco resistentes (arxilas, margas e iesos).
Estas zonas non foron afectadas por movementos oroxénicos polo que forman relevos planos, de disposición horizontal. Nas zonas áridas ou semiáridas o auga de arroiada xera cárcavas.
España volcánica
As erupcións volcánicas e a erosión posterior modelan distintas formas de relevo, condicionadas pola viscosidade da lava e a proporción entre piroclastos e coladas de lava.
2. Que é a subsidencia do terreo?. Cales poden ser as súas causas?
A subsidencia en xeoloxía describe o progresivo afundimento dunha superficie, xeralmente da litosfera, ben sexa polo movemento relativo das placas tectónicas ou polo asentamento do terreo nas cuncas sedimentarias.
A orixe da subsidencia é a extracción de fluidos ou de sólidos, que ocasiona que as capas do subsolo se reacomoden.
Comentarios
Publicar un comentario